Román Rodríguez pon en valor o importante papel da dixitalización para fortalecer a xestión cultural

Lugo, 6 de xullo de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou hoxe o importante papel da dixitalización á hora de fortalecer a xestión cultural e axudar aos profesionais a adaptarse aos novos contextos económicos e sociais. Así o declarou durante a presentación do libro La gestión cultural en la era digital, de Gonzalo F. Fernández-Suárez e Mª Dolores Fernández-Tilve, na Facultade de Humanidades de Lugo, ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Agradeceu aos autores a posta en marcha desta publicación por crear unha ferramenta que acompañará aos profesionais do sector cultural na transformación dixital da cultura e “ampliar o prisma de estudo sobre a xestión da cultura e sumar unha perspectiva mundial”, ao tempo que investiga en fenómenos recentes como a arte dixital, os videoxogos de última xeración ou a mediatización das redes sociais.

Imaxes relacionadas