A Xunta e o Concello colaboran na renovación da piscina exterior municipal de Tordoia cun investimento de case 40.000€
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado das obras que tiveron un orzamento total de maís de case 40.000 euros e contaron cunha axuda do Goberno galego de 20.000 euros
O obxectivo destas achegas é apoiar a práctica deportiva nos concellos mellorando as instalacións municipais
2022-07-05
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Xullo/semana-02/TORDOIA 3.jpg
Tordoia (A Coruña), 8 de xullo de 2022
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro, supervisaron o resultado das obras de mellora da piscina exterior do Concello contaron cun orzamento total de case 40.000 euros dos cales a Xunta achegou 20.000 euros
Trenor destacou a colaboración entre o Goberno galego e o Concello levar a cabo a limpeza e fixación de todas as losetas do recinto, e a execución da pavimentación en formigón e en caucho para garantir a comodidade e a seguridade dos usuarios.
O representante do Goberno autonómico recalcou que “o obxectivo destas achegas é a de apoiar a práctica deportiva no concellos”. Segundo indicou Trenor “trátase de contribuír a potenciar o deporte, que ten un papel transcendental na sociedade para a mellora da calidade de vida dos cidadáns”.
Así, o delegado da Xunta tamén apuntou que “fomentar a actividade deportiva e os hábitos saudables cumpre unha importante tarefa na formación educativa dos mozos e mozas nas respectivas disciplinas onde desenvolven a súa actividade”.
Ademais, resaltou que estes proxectos contan “coa colaboración directa dos concellos que ademais de aportar unha porcentaxe do custe da obra son os encargados da redacción do proxecto e da execución da mesma”.
Departamento:
C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas