A Xunta reúnese coa Fegamp para detallar a aplicación da gratuidade das escolas infantís municipais

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2022.- A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, reuniuse esta tarde co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, para detallar a aplicación da gratuidade das escolas infantís de titularidade municipal para o vindeiro curso académico 2022-23. Esta medida aplicarase en todas as escolas infantís galegas, tanto nas públicas como nas privadas e de iniciativa social.
 

Galicia xa foi pioneira durante o curso actual en aplicar a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos en todos os centros galegos. No vindeiro curso, a Xunta irá un paso máis alá ao amplialo a primeiros fillos. Trátase dunha medida que beneficiará a un total de 30.000 familias galegas que non terán que pagar nada pola atención educativa dos seus fillos de 0-3 anos.

Imaxes relacionadas