A Xunta destina case 520.000€ á mellora da cuberta da da biblioteca do CIFP Universidade Laboral de Culleredo
Trenor visitou o centro, no que tamén se levará a cabo a renovación do sistema de iluminación e pintado de paredes e recuperación do mobiliario existentes desta parte do centro
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou está mañá o CIFP da Universidade Laboral de Culleredo para anunciar a licitación da mellora da cuberta da espectacular biblioteca do centro por un importe de case 520.000 euros.
Estas actuacións, segundo sinalou o representante autonómico, enmárcanse dentro do conxunto de obras, de maior ou menor envergadura, que o Goberno galego está a executar nos centros escolares dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios para adaptarse ás directrices marcadas polo plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que avanza cara unha arquitectura educativa ao servizo do labor docente, traendo tamén a un primeiro plano o confort do alumnado e persoal dos centros.