A Xunta destaca que a colaboración público-privada con Siemens, a Universidade da Coruña e Navantia será clave para impulsar a candidatura galega ao Perte naval a través da dixitalización e a innovación
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Ferrol na inauguración da Aula Navantia-Siemens
Esta nova iniciativa, que aposta polo talento e a formación, permitirá ao Campus Industrial de Ferrol seguir especializándose no eido naval
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou esta mañá na inauguración da Aula Navantia-Siemens en Ferrol que a colaboración público-privada da Xunta de Galicia con ambas as dúas empresas xunto á Universidade da Coruña, será clave para impulsar a candidatura galega ao Perte naval a través da dixitalización e a innovación.