O conselleiro do Medio Rural destaca a importancia alimentaria e económica do pan de Cea na festa de exaltación deste produto
2022-07-03
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Xullo/semana-02/220703 MR Pan de cea_01.jpg
San Cristovo de Cea (Ourense), 3 de xullo de 2022
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu este mediodía á XXIX Festa do Pan de Cea, na que reivindicou o papel deste alimento na dieta e na economía local e galega.
O conselleiro puxo en valor que o pan de Cea, que conta coa súa propia Indicación Xeográfica Protexida, xerou no ano 2021 un valor económico estimado superior aos 1,1 millóns de euros e unha produción certificada de máis de 400 toneladas.
Departamento:
C. do Medio Rural