Fernández-Tapias destaca a importancia do premio de deseño Anfaco para fomentar o consumo das conservas do mar

A delegada territorial de Xunta en Vigo participou na entrega do galardón aos creadores Pablo Fernández e Alberto Guerrero

Vigo, 30 de xuño de 2022 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na entrega do IV Premio de Deseño Anfaco – Fundación Banco Sabadell aos creadores estremeños Pablo Fernández e Alberto Guerrero. A representante autonómica puxo en valor hoxe en Vigo esta iniciativa como unha maneira de impulsar o consumo das conservas do mar, promover as súas altas propiedades nutritivas e, á súa vez, enxalzar o talento da mocidade.

 

Fernández-Tapias fixo fincapé no peso que ten a industria conserveira galega, que mantén o seu liderado nos primeiros postos do mercado europeo e mundial, que continúa abrindo novos mercados e segue espertando interese de novas inversións e amosou o compromiso de Galicia co sector para que “a través da innovación, a calidade e a materia prima siga traballando nesta liña de progresión”.

Imaxes relacionadas