Trenor destaca a presenza dos mellores barcos e patróns na Coruña esta fin de semana na regata Infanta Elena de cruceiros, monotipos e clase J-80

A Coruña, 30 de xuño de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá na presentación da XXII regata Infanta Elena incluída dentro do Trofeo Xunta de Galicia. O delegado da Xunta destacou que “durante esta fin de semana, a privilexiada baía coruñesa acollerá aos mellores barcos e aos mellores patróns de España, tanto na categoría de cruceiros, en monotipos e na atractiva clase J-80. “En xogo, nada menos que este espectacular botafumeiro de prata, que nos evoca a tradición xacobea que nos imprime carácter, subliñou.

Trenor lembrou que “a Xunta de Galicia aposta con decisión pola vela, tanto por medio do patrocinio de probas como a que se presentou como pola súa constante atención aos clubs náuticos, cuxo esforzo por popularizar este deporte merece o noso permanente aplauso e apoio”, e destacou que “para o Real Club Náutico da Coruña esta cita é unha das grandes da tempada”.

Imaxes relacionadas