A Xunta adxudica as obras dunha nova senda peonil na estrada LU-682, á saída do núcleo de Xove cara a Cervo
A actuación, adxudicada por máis de 48.000 €, comezará nas vindeiras semanas
Habilitarase un itinerario entre os puntos quilométricos 96+220 e 96+450 pola marxe dereita da vía
A actuación dará continuidade ás beirarrúas existentes, mediante a execución dunha senda de formigón de 1,80 metros de ancho
A Xunta continúa dotando as vías autonómicas de itinerarios seguros, sostibles e saudables para favorecer os desprazamentos a pé dos cidadáns
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras dunha nova senda peonil na estrada LU-862, á saída do núcleo de Xove cara a Cervo.
Darase continuidade ás beirarrúas existentes, que rematan no punto 96+220, mediante a execución dunha senda de formigón de 1,80 m de ancho.