A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no acto

A Xunta apoia o proxecto ‘Tu historia de verdad importa’ por fomentar o contacto interxeracional

A Coruña, 28 de xuño de 2022 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu está mañá ao acto de presentación dos traballos de Tu Historia de Verdad Importa, iniciativa das fundacións Lo que de verdad importa e María José Jove. Trátase de textos escritos por mozas e mozos voluntarios nos que relatan a vida de persoas maiores.

 

Tu Historia de Verdad Importa é un proxecto no que mocidade voluntaria acompaña e escoita a persoas maiores co propósito de recoller tanto as súas vivencias como os seus valores e plasmalos nun libro. Esta mañá os maiores recibiron estes escritos co fin de que os compartan en familia.

 

Cristina Pichel puxo en valor esta iniciativa de carácter interxeracional, coa que os voluntarios se enriquecen e aprenden das experiencias dos maiores. Desta maneira, as rapazas e rapaces convértense en narradores mentres que os maiores son os protagonistas. Así mesmo, apuntou que con este proxecto se facilita o intercambio de experiencias e a creación de vínculos entre xeracións.

Imaxes relacionadas