A Xunta participa na Conferencia Sectorial de Turismo que ratifica a aprobación do Plan de sustentabilidade en destino presentado polo Concello da Coruña

A reunión levouse a cabo de forma telemática e nela participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro

Na Conferencia Sectorial de Turismo foron presentados 224 Plans dos cales foron aprobados 28, no que está o proxecto de A Coruña: “A Coruña, Sostible e Dixital”
 

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe de forma telemática na Conferencia Sectorial de Turismo onde ratificouse a aprobación do Plan de Suntentabilidade en destino presentado polo concello de A Coruña e apoiado polo Goberno galego, que conta cun investimento de 3 millóns de euros.

Na Conferencia Sectorial de Turismo foron presentados 224 Plans dos cales foron aprobados 28, no que está o proxecto de A Coruña:“A Coruña, Sostible e Dixital”, que ten como obxectivo impulsar a competitividade como destino turístico, fomentar a actividade para a inclusión de veciños e viaxeiros e garantir a sustentabilidade ambiental do concello.

Segundo explicou Nava Castro, o Consello da Xunta deu a pasada semana o visto bo ao apoio do Goberno galego para a aprobación deste Plan de Sustentabilidade en Destino nesta convocatoria da 3ª edición ordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino.

O proxecto presentado polo concello da Coruña conta con 3 eixes de actuacións, que xiran en torno á eficiencia enerxética, a transición Dixital, como a posta en marcha dunha oficina turística virtual; e a competitividade, coa posta en marcha por exemplo, do Coruña surf City.

OS PSTD están financiados polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo e as comunidades autónomas, e teñen como obxectivos xerais apoiar aos destinos turísticos españois no seu proceso de transformación cara a hubs ou polos de innovación turística capaces de integrar na súa oferta a sostibilidade ambiental, socioeconómica e territorial, e de desenvolver estratexias de resiliencia fronte aos novos retos do ecosistema turístico, desde o cambio climático, ata a sobredemanda turística ou as crises sanitarias e de seguridade.

Imaxes relacionadas