A Xunta acondicionará paradas de autobús na estrada PO-400, no concello de Crecente
As obras, adxudicadas por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas
Trátase de habilitar dúas paradas de autobús en ambas as marxes da estrada PO-400, en torno ao punto quilométrico 25+230
O obxectivo é resolver a situación actual, xa que non hai espazo suficiente para que os autobuses paren, nin zona de circulación peonil segura, nin refuxio para os usuarios
Instalaranse dúas marquesiñas con banco e apoio isquiático, cada unha nunha marxe da estrada, e habilitaranse zonas de circulación peonil para acceder ás novas paradas
A Xunta continúa traballando para mellorar os servizos de transporte público co fin de facilitar a mobilidade dos cidadáns
A Xunta acondicionará paradas de autobús na estrada PO-400, no concello de Crecente. As obras, adxudicadas á empresa COVSA por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas.