A Xunta colabora con 3 pemes e microempresas da comarca da Coruña con máis de 221.000€ para a mellora das súas capacidades de innovación

O programa InnovaPeme 2021 concede axudas ás compañías para a realización de actividades de innovación coordinadas a través dun plan de actuacións

Os obxectivos son, entre outros, incrementar o número de empresas innovadoras, aumentar a competitividade das pemes galegas e potenciar a colaboración co resto de axentes do ecosistema de innovación

Nas súas catro edicións, este programa da Axencia Galega de Innovación ten axudado a 160 proxectos, a mobilizar 26,6 millóns de euros en I+D+i e a crear ou manter 767 postos de traballo
 

Bergondo (A Coruña), 27 de xuño de 2021

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou está mañá, a empresa Pomar Water beneficiada pola orden de axudas da cuarta edición do programa InnovaPeme, que potenciará con axudas que ascenden a máis de 221.000 euros, as capacidades e actividades innovadoras de 3 pequenas e medianas dos concellos da Coruña, Bergondo e Culleredo, a través dunha liña de axudas de 2,8 millóns de euros para toda Galicia que, grazas á colaboración público-privada, permitirá mobilizar un investimento en I+D+i de 5,6M€.

 

Pomar Water contou cunha axuda de máis de 55.000 euros nos anos 2021 e 2022. Esta empresa está formada por un grupo de profesionais cunha experiencia acumulada de máis de 25 anos no desenvolvemento de enxeñería e fabricación de equipos para a desalación, potabilización e tratamento de auga.

O importe medio dos apoios, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, é de 77.700 euros, un 50% do custo subvencionable destes plans. O obxectivo final é promover a cultura da innovación, incrementar o número de empresas, aumentar a competitividade das pemes galegas, potenciar a colaboración das mesmas co resto de axentes do ecosistema innovador, favorecer a comercialización de resultados de I+D+i e ampliar a visión por parte dos xestores.

 

Nesta convocatoria, como novidade, quedaron excluídas aquelas empresas que xa foron beneficiarias do programa en edicións anteriores, co fin de achegar a innovación ao maior número de compañías posible para ampliar a base de firmas innovadoras galegas. De feito, 21 das 36 empresas beneficiarias en Galicia (un 58%) non tiveron antes axudas de Gain.

 

InnovaPeme 2021 contribuirá á creación e mantemento de emprego de calidade, xa que os plans apoiados contemplan a contratación de 45 novos técnicos, un 42% deles pertencentes a colectivos sensibles como mulleres e persoas discapacitadas, así como o mantemento de 149 postos de traballo. Cómpre subliñar que seis de cada dez contratos teñen carácter indefinido,

 
 

COMARCA A CORUÑA

 
Razon_social
Concello
SUBV_Total
Nanocel Technoloy, SL
Culleredo

77.425,00 €

Pomar Water, SL
Bergondo

55.000,00 €

Implicatum Consultoria, SL
A Coruña

88.676,96 €

TOTAL
3
221.101,96€
 

Imaxes relacionadas