O 061 de Galicia atendeu a 78 persoas durante a noite de San Xoán por intoxicacións, queimaduras e accidentes de tráfico

As asistencias por intoxicacións por alcohol ou drogas, con 69 persoas atendidas, destacaron sobre os accidentes de tráfico e as queimaduras

A Estrada (Pontevedra), 24 de xuño de 2022

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na Noite de San Xoán 69 intoxicacións etílicas ou por drogas, cinco accidentes de tráfico con cinco persoas implicadas e catro queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado é desde as 21 horas do xoves 23 de xuño ata as 9 horas do venres 24 de xuño.

 
 
Accidentes
de Tráfico
Intoxicacións
Queimaduras
A Coruña
3
39
3
Pontevedra
2
21
1
Lugo
0
4
0
Ourense
0
5
0
Total
5
69
4
 

A Coruña con 39 intoxicacións etílicas ou por drogas foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida de Pontevedra con 21, Ourense con cinco e Lugo con catro. Para asistir ás 69 intoxicacións, o 061 de Galicia desprazou dúas ambulancias asistenciais de SVA e mobilizou en 43 ocasións as ambulancias asistenciais de SVB. Das 69 persoas atendidas, 36 non requiriron traslado, 10 foron trasladadas ao centro de saúde e 23 ao hospital.

As queimaduras atendidas polo 061 en toda a Comunidade galega foron catro. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu na Coruña tres casos e un en Pontevedra. Do total dos pacientes, un foi atendido polos sanitarios da Central de Coordinación sen necesitar traslado, outro paciente foi atendido no punto e trasladado a atención primaria e dous foron trasladadas a un centro hospitalario.

No caso dos accidentes de tráfico, asistíronse cinco persoas en cinco accidentes de tráfico. A Coruña rexistrou tres accidentes e Pontevedra dous. Do total de persoas atendidas, tres foron trasladas a un hospital e dúas asistíronse no punto sen requirir traslado a un centro sanitario.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. de Sanidade