O Casino de Santiago acolle a segunda exposición do proxecto cultural de Ramón Conde

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2022 O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da segunda das catro exposicións do proxecto cultural que promove a obra do artista Ramón Conde co apoio da Xunta. Trátase, como expresou, “dunha segunda proposta que suma e amplía” o contido da que se inaugurara a comezos deste ano coa que o autor facía un guiño aos seus recordos infantís.

 

“Aquel foi o primeiro capítulo dun guión co que Conde traza a súa historia e tamén a historia recente de Galicia”, expresou o titular de Cultura da Xunta, quen puxo en valor o papel do artista ourensán na arte contemporânea galega. Dáse agora continuidade a esa primeira mostra cunha exposición con novas expresións a través da escultura e da modelaxe. Por medio das icónicas figuras de grandes dimensións, a nova mostra ten como fío condutor o poder. Este proxecto cultural xurde da colaboración da Xunta de Galicia co Casino de Santiago, o Goberno municipal, a Asociación Comercio Punto Compostela, o instituto IES de Sar e o propio artista e inclúe un total de catro exposicións no Casino ao longo de 2022.

Imaxes relacionadas