Controlado o lume da parroquia de Seadur, no concello ourensán de Larouco, que segundo as últimas medicións afecta unhas 120 hectáreas

O incendio rexistrado na parroquia de Freixido permanece estabilizado e afecta unhas 140 hectáreas de terreo

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos dous incendios rexistrados no concello ourensán de Larouco.

 

O lume de Seadur -que se iniciaba o mércores ás 20,59 h.- quedou controlado ás 18,35 h. desta tarde. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 120 hectáreas. Na súa extinción levan traballado ata o de agora 1 técnico, 16 axentes, 28 brigadas, 27 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

 

O lume rexistrado na parroquia de Freixido, quedou estabilizado ás 13,33 h. de hoxe tras comezar onte ás 7,26 h. da mañá. Segundo novas estimacións afecta unha superficie dunhas 140 hectáreas. No seu control mobilizáronse ata o de agora 18 axentes, 32 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.