A Xunta destaca a forte aposta de Galicia na rectivación turística cunha gran oferta de calidade
A directora de Turismo, Nava Castro, participou na presentación do Congreso Internacional de Turismo, que terá lugar en Ourense no mes de outubro
Nava Castro resaltou que tal e como amosan os últimos datos, Galicia é unha comunidade cun potencial turístico que non ten parangón, coa chegada de máis de 1 millón de turistas no primeiro cuadrimestre deste ano e con máis de 120.000 peregrinos que xa selaron a súa Compostela
A directora de Turismo, Nava Castro, destacou hoxe a forte aposta de Galicia cunha gran oferta turística de calidade, no marco da presentación do Congreso Internacional de Turismo, que terá lugar en Ourense no mes de outubro.
Nava Castro resaltou que tal e como amosan os últimos datos, Galicia é unha comunidade cun potencial turístico que, debido á súa diversidade de ofertas, non ten parangón, coa chegada de máis de 1 millón de turistas no primeiro cuadrimestre deste ano e con máis de 120.000 peregrinos que xa selaron a súa Compostela.
Galicia é unha potencia turística de calidade, e isto débese en gran medida a que somos unha comunidade punteira na oferta dun turismo aberto, sen masificacións, con paisaxes salvaxes e unha natureza sen igual ou con ofertas gastronómicas e vitícolas de recoñecemento internacional, destacou a directora de Turismo de Galicia.
O sector turístico ten por diante como a globalización e a alta competitividade entre os destinos turísticos, polo que gracias a este tipo de congresos, se poñen en común vías a desenvolver dende os diferentes sectores que serve para aportar un mellor servizo neste ámbito e buscar as mellores solucións.