Trenor reuniuse coa Federación galega de parques empresarias para falar da Lei de áreas empresariais

A Coruña, 9 de xuño de 2022

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse cunha representación da directiva da Federación galega de parques empresariais (Fegape), que concentra ás principais áreas deste tipo da Comunidade.

O delegado da Xunta trasladoulles que nestes momentos as prioridades en Galicia pasan por reactivar a economía, xerar emprego estable e de calidade e facer do noso territorio un lugar “atractivo” para investir e desenvolver iniciativas empresariais.

Neste senso, recolleu as súas propostas para a futura Lei de áreas empresariais  que tras recibir o visto e prace do Consello da Xunta, está no Parlamento para a súa tramitación. O representante do Goberno autonómico recalcou que esta nova norma, que será pioneira a nivel estatal, ten por obxectivo axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación de solo para as empresas, así como garantir o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e o fomento da actividade económica na Comunidade.

Imaxes relacionadas