Nava Castro destaca a calidade e a posta en valor da Vía da Prata-Mozárabe que contou cun investimento de 5, 3 millóns de euros nos últimos anos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta do balance das accións de impacto da promoción da Vía da Prata-Mozárabe do Camiño de Santiago.

Castro puxo en valor o acordo de colaboración de catro CCAA, Andalucía, Estremadura, Castela e León e Galicia, mediante o que se comprometeron a promocionar o Camiño de Santiago e en especial a Vía da Prata, realzando os valores propios da ruta Jacobea.

Santiago de Compostela,  8 de xuño de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu hoxe ante a Comisión 6ª do Parlamento para facer un primeiro balance das accións de impacto da promoción da Vía da Prata-Mozárabe do Camiño de Santiago. Na súa intervención, Castro destacou que a “A Vía da Prata – Mozárabe une o espírito sureño das terras andaluzas e estremeñas coa Fisterra galaica, sendo o camiño xacobeo galego de maior percorrido”.

Deste modo, a directora de Turismo de Galicia puxo en valor a inversión dende Turismo de Galicia á Ruta mozárabe, cun total de 5,3 millóns de euros para a conservación da mesma, salientando que a Xunta de Galicia leva tempo traballando para que o Camiño de Santiago e as súas infraestruturas e servizos asociados estean en perfecto estado para este Xacobeo 2021-2022.

 

No eido publicitario, a directora de Turismo de Galicia puxo en valor medidas como Galicia Destino Cicloturista e Camiño Seguro dentro do Plan Turístico Nacional Xacobeo, consistente en sinalizar a ciclovía EV1(Tui-Cee), que conecta coa EV3(Santiago-Fisterra) e a construción de 20 áreas de cicloturismo das que 3 serán instaladas en tramos da Vía da Prata, ou o traballo dende un punto de vista de coordinación e colaboración institucional, mediante o convenio firmado conxuntamente polas  catro CCAA polas que pasa o Camiño Mozárabe – Vía da Prata, Andalucía, Estremadura, Castela e León e Galicia.

 

Así, descatocu como medidas para a divulgación dos valores xacobeos, a posta en marcha dunha web: “elcaminodelaplata.com” ou a creación do formato do DIARIO DUN PEREGRINO, gracias ao que se pon en valor as denominadas” xoias da prata” e se recollen aqueles elementos patrimoniais, culturais, naturais mais representativos pertencentes aos lugares polos que pasa a ruta.