A Xunta felicita a unha das usuarias máis lonxevas da residencia de maiores de Campolongo polo seu 103 aniversario
2022-06-06
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Xuno/semana-02/Image 2022-06-06 at 2.20.32 PM.jpg
Pontevedra, 6 de xuño de 2022
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá a residencia de maiores pública autonómica de Campolongo, en Pontevedra, para homenaxear á residente Olga Macías, que cumpriu 103 anos o pasado sábado e segue a destacar como unha das residentes máis lonxevas da comunidade.
No acto, que contou tamén coa participación de persoal da residencia, da homenaxeada e da súa familia, brindaron pola súa vida e vitalidade e aproveitaron para comer uns anacos de torta. Macías, unha muller moi querida na contorna, leva 27 anos na residencia de Campolongo, dende a súa apertura.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade