O bono turístico “Quedamos en Galicia 2022” ten adheridos 50 establecementos na comarca do Barbanza

O delegado da Xunta visitou, esta mañá, os Nidos de Carnota, un dos locais dispoñibles na selección deste bono

Estas axudas inxectaron máis de 380.000 euros nos establecementos turísticos desta área na convocatoria do ano pasado

Carnota (A Coruña), 2 de xuño de 2022 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, valorou esta mañá a excelente acollida que está tendo esta nova edición do bono turístico “Quedamos en Galicia” que, polo de agora, ten adheridos 50 establecementos da comarca do Barbanza.

O delegado territorial subliñou que esta medida inxectou máis de 387.000 euros nos locais desta área que se uniron á campaña na edición anterior de 2021.

Trenor fixo estas declaracións, acompañado no transcurso dunha visita aos Nidos de Carnota,  un dos establecementos que xa se poden seleccionar, ubicado no Concello de Carnota. dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.

O representante do Goberno galego subliñou que “chegamos a esta terceira edición com moita ganas, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”. Neste senso, apuntou que “todos temos moitas ganas de saír por Galicia e boa proba diso foi a excelente acollida dos galegos a esta iniciativa turística”. Trenor destacou que con este plan queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fora das datas de tempada alta”.

Trenor tamén destacou que “desde a Xunta eramos conscientes de que o turismo ía ser un dos motores da recuperación económica de Galicia trala pandemia, por iso estuvimos desde o primeiro momento do lado do sector con axudas por valor de 120 millóns de euros, cun obxectivo triplo: evitar a caída das empresas nos tempos de peche polas restricións sanitarias, adaptar os negocios aos protocolos e fortalecelos para a nova etapa que se abre agora, “cando Galicia aspira a liderar o sector a pechar o Xacobeo con cifras históricas”.

Xa no que vai de ano están a acadarse eses obxectivos, tendo en conta que na Semana Santa se rexistraron nalgúns destinos galegos cifras de ocupación superiores ás da prepandemia e que no que vai do 2022, da man do Xacobeo, o Camiño superou as 90.000 Compostelas, mellorando as cifras do 2019 no mesmo período, o ano no que se entregaron máis Compostelas.

O delegado da Xunta rematou recalcando que “Galicia está de moda” e puxo en valor a profesionalidade do sector e a solidariedade e responsabilidade dos galegos na consecución destes fitos.

 

LOCALES ADHERIDOS A DATA DE ONTE NO BONO TURÍSTICO 2022 NA COMARCA DO BARBANZA

 

 

DENOMINACIÓN
TIPOLOXÍA
CONCELLO
APARTADIÑO
APARTAMENTOS

A POBRA DO CARAMIÑAL

APARTADIÑO CAMPER PARK

CÁMPINGS
A POBRA DO CARAMIÑAL
RÍA DE AROSA
CÁMPINGS

A POBRA DO CARAMIÑAL

HOTEL LOMBIÑA
HOTEIS
A POBRA DO CARAMIÑAL
CABÍO
HOTEIS

A POBRA DO CARAMIÑAL

A VILA
PENSIÓNS
A POBRA DO CARAMIÑAL
ENTRE OS RÍOS

TURISMO RURAL

A POBRA DO CARAMIÑAL

 
TOTAL A POBRA DO CARAMIÑAL
7
POSTA DE VALMAIOR
APARTAMENTOS
BOIRO
HOTEL JOPI
HOTEIS
BOIRO
HOTEL MS BOIRO
HOTEIS
BOIRO
O CRUCEIRO
TURISMO RURAL
BOIRO
CASA DA POSTA DE VALMAIOR

TURISMO RURAL

BOIRO
 
TOTAL BOIRO
5
A CUME DO PINDO
APARTAMENTOS
CARNOTA

NIDOS DE CARNOTA

CÁMPINGS
CARNOTA
HOTEL MEIGA DO MAR
HOTEIS
CARNOTA
FARO DE LARIÑO
HOTEIS
CARNOTA
MORADA DA MOA
PENSIÓNS
CARNOTA

A CARNOTA OLARDOMAR

TURISMO RURAL
CARNOTA
XANELA DA LÚA

TURISMO RURAL

CARNOTA

CASA RURAL SAN CIBRAN RURAL

TURISMO RURAL
CARNOTA
 

TOTAL CARNOTA

8

NATURMAZ VIAJES

AXENCIAS DE VIAXES
MAZARICOS
 

TOTAL MAZARICOS

1

APARTAMENTOS DE ABELLEIRA

APARTAMENTOS
MUROS
LA MURADANA
HOTEIS
MUROS
PUNTA UÍA
HOTEIS
MUROS
HOTEL DO PORTO
HOTEIS
MUROS
SAHORTA
PENSIÓNS
MUROS
 
TOTAL MUROS
5
O LOUREIRO
APARTAMENTOS
NOIA
HALCÓN VIAJES

AXENCIAS DE VIAXES

NOIA
PARK
HOTEIS
NOIA
PESQUERÍA DEL TAMBRE
HOTEIS
NOIA

CASA MAR DA VILA

PENSIÓNS
NOIA
 
TOTAL NOIA
5

CABANAS DE BROÑA

APARTAMENTOS
OUTES
CABANAS SEN BARREIRAS
APARTAMENTOS
OUTES

CABANAS DE ALBEIDA

APARTAMENTOS
OUTES
CABANAS DE ALBEIDA 2
APARTAMENTOS
OUTES

A CABANA DE CARMEN

APARTAMENTOS
OUTES
CABANAS DO BARRANCO
APARTAMENTOS
OUTES
ATMOS HOTEL
HOTEIS
OUTES
PENSION DA NATUREZA
PENSIÓNS
OUTES
CASA PETO
PENSIÓNS
OUTES
LUZ DE VIRO

TURISMO RURAL

OUTES
CASA DO ZULEIRO
TURISMO RURAL
OUTES
 
TOTAL OUTES
11
ÁNCORA DA RÍA
HOTEIS
PORTO DO SON
PORTOFINO
PENSIÓNS

PORTO DO SON

 
TOTAL PORTO DO SON
2
OS MUÍÑOS

TURISMO RURAL

RIANXO
 
TOTAL RIANXO
1
VIAJES ECUADOR

AXENCIAS DE VIAXES

RIBEIRA

CAMPING RÍA DE AROSA, 2

CÁMPINGS
RIBEIRA
CAMPING COROSO
CÁMPINGS
RIBEIRA

HOTEL NORAT PALMEIRA PLAYA ****

HOTEIS
RIBEIRA
LAS CAROLINAS
PENSIÓNS
RIBEIRA
 
TOTAL RIBEIRA
5
 
TOTAL
50
 
 

Imaxes relacionadas