A Xunta promove a iniciativa xuvenil a través dunha liña de axudas específica

Arzúa (A Coruña), 1 de xuño de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou que o Goberno galego promove a participación e liderado xuvenil a través do programa Iniciativa Xove, destinado a impulsar proxectos emprendedores protagonizados pola xuventude. Fixo estas declaracións durante unha visita esta mañá á EFA Piñeiral en Arzúa, onde lembrou que esta convocatoria de axudas ten o prazo de solicitude aberto ata o vindeiro 13 de xuño.

 

Varios alumnos da EFA Piñeiral recibiron axudas económicas nos anos 2015, 2016 e 2018 para a posta en marcha de diferentes proxectos vinculados ao patrimonio gastrocultural ou ao comercio local. Cómpre lembrar que a través do programa Iniciativa Xove, ao que poden optar tanto asociacións como grupos xuvenís, fináncianse proxectos con ata 5.000 euros. O orzamento global da convocatoria ascende aos 400.000 euros.

Imaxes relacionadas