O presidente da Xunta visitou hoxe a nova residencia e centro de día de Carballedo, que conta con 20 prazas de centro de día e 23 de fogar residencial
Rueda resalta o compromiso cunha Galicia con máis e mellores servizos para todos os galegos “vivan onde vivan”
Incide en que a atención aos maiores é competencia de todas as administracións
Para aqueles maiores que prefiren seguir vivindo nos seus domicilios, resalta a posta marcha de iniciativas como: o programa Xantar na Casa ou o Servizo de Axuda no Fogar
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso cunha Galicia con máis e mellores servizos para todos os galegos “vivan onde vivan”.
Durante unha visita ás novas instalacións, xunto á conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o titular do Executivo autonómico aseverou que para aqueles maiores que prefiren seguir vivindo nos seus domicilios, a Xunta puxo en marcha iniciativas como: o programa Xantar na Casa, co que se achega menús xa preparados a máis de 1.800 persoas de 194 concellos; ou o Servizo de Axuda no Fogar que, cun investimento anual de 100 millóns de euros, atende a máis de 24.000 galegos.