A Xunta reúnese coa Asociación Proxecto Home Galicia para abordar programas en materia de inclusión

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2022.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co director da Asociación Proxecto Home, Ramón Gómez, para abordar programas de colaboración en materia de inclusión social. Durante o encontro o director xeral agradeceu o traballo desta entidade a favor das persoas con problemas de adicción.

 

A Consellería de Política Social colabora con Proxecto Home a través dun convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa Acougo en Vigo e mediante a orde de axudas con cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). En suma, o pasado ano destinouse a esta entidade máis de 300.000 euros para a financiación de prazas de atención e para a posta en marcha de itinerarios de inserción ao emprego.

Imaxes relacionadas