A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da accesibilidade e da seguridade peonil na AC-444, na zona do Seilán, no concello da Baña
Este contrato, que suporá un investimento autonómico de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 8 meses
Definiranse as obras necesarias a ambas as marxes da AC-444 para o desenvolvemento dun itinerario peonil continuo, renovando as beirarrúas ou executando novos treitos
Na actuación tamén deberán resolverse os problemas de drenaxe e saneamento que se están producindo nese tramo
A Xunta continúa mellorando a rede viaria autonómica para favorecer os desprazamentos a pé de modo máis seguro e sustentable
A Xunta adxudicou a redacción do proxecto de mellora da accesibilidade e seguridade peonil na estrada AC-444, no concello da Baña.
O contrato, adxudicado á empresa In-Cubed por un importe de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 8 meses.
Trátase de definir as obras necesarias a ambas as marxes da AC-444, na zona do Seilán, co obxecto de conseguir unha mellora da accesibilidade peonil, ante a descontinuidade actual dos espazos reservados para o tránsito peonil no treito situado entre os puntos quilométricos 0+570 e 1+450.
Na actuación proxectada incluirase o desenvolvemento dun itinerario peonil continuo, renovando as beirarrúas ou executando novos treitos.
Na actuación tamén deberán resolverse os problemas de drenaxe e saneamento que se están producindo nese tramo.
O departamento de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta continúa mellorando a rede viaria autonómica para favorecer os desprazamentos a pé de modo máis seguro e sustentable.