Política Social celebra a Festa do Maior cos veciños de Val do Dubra

Val do Dubra (A Coruña), 29 de maio de 2022.-

O director xeral de Maiores e Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á celebración da festa do maior de Val do Dubra. Durante o evento sinalou a importancia de recuperar estes encontros coa veciñanza logo dos difíciles momentos da covid-19. O director xeral estivo acompañado polo alcalde da localidade, José Manuel Varela Ferreiro, quen constatou que este evento era moi agardado pola veciñanza de Val do Dubra.

Imaxes relacionadas