A Xunta celebra o Día das Familias con ASPNAIS en Lugo

Lugo, 28 de maio de 2022.- A Xunta celebrou o Día das familias coa Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPNAIS) de Lugo. O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, achegouse esta mañá ata o fogar residencial desta entidade na cidade amurallada para asistir ás actividades en conmemoración desta data.

 

O director xeral lembrou que a Xunta mantén unha estreita colaboración con todo o tecido social galego ao entender que son as entidades sociais as que mellor coñecen as necesidades e prioridades do sector. Neste sentido, animou a Aspnais a seguir traballando día a día polos dereitos das persoas con discapacidade e, lembroulles, que o Goberno galego sempre estará ao seu carón para apoialos.

Imaxes relacionadas