Miranda recibe a insignia de honra da Asociación Banda de Música e Investigación Albedro de Madrid

Madrid, 27 de maio de 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a insignia de honra da Asociación Banda de Música e Investigación Albedro de Madrid pola súa traxectoria á fronte da institución autonómica.

 

Posteriormente, o secretario xeral puido desfrutar da actuación da banda coa que conta esta agrupación, Lume de Biqueira. Cabe destacar que esta banda naceu co obxectivo de ensinar e difundir a música tradicional galega. A súa música une tradición e modernidade, fusionando os sons máis tradicionais con sambas, rumbas ou música clásica. Ademais de gaitas, tamén incorporan instrumentos menos convencionais como guitarras, baixo, teclado, frautas e percusión étnicas.   

Imaxes relacionadas