O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe nos actos conmemorativos polo 25 aniversario desta entidade

Política Social financiará as 24 prazas do centro ocupacional de Amipa, en Rois

O Goberno galego incrementará este ano as prazas públicas nesta instalación ata financiar a súa totalidade

En concreto, ás 20 prazas financiadas na actualidade, sumaranse outras catro

Rois (A Coruña), 27 de maio de 2022.- O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá nos actos conmemorativos polo 25 aniversario da Asociación Amipa. Durante o evento anunciou que este ano o Goberno galego incrementará as prazas públicas no seu centro ocupacional ata chegar ás 24, a totalidade do centro.

 

O director xeral felicitou aos membros desta entidade polo seu traballo diario en favor das persoas con discapacidade do concello de Rois. Neste sentido, lembrou que na actualidade a Xunta xa financia 20 das súas prazas para o que se destina un orzamento de preto de 155.000 euros anuais. Este centro ofrece un importante servizo de atención ás persoas con discapacidade ademais de permitirlle manter un ritmo de vida activo.

 

O director xeral lembrou que a Xunta mantén unha estreita colaboración con todo o tecido social galego ao entender que son as entidades sociais as que mellor coñecen as necesidades e prioridades do sector. Neste sentido, animou a Amipa a seguir traballando día a día polos dereitos das persoas con discapacidade e, lembroulles, que o Goberno galego sempre estará ao seu carón para apoialos.

Imaxes relacionadas