A Xunta e Ecoembes impulsan o concerto que ofrecerá ‘A Música da Reciclaxe’ en homenaxe a todos os ecoperegrinos que coidan do Camiño de Santiago

Co gallo do Día mundial do Medio Ambiente, o vindeiro 5 de xuño, a orquestra actuará ás 12,30 h no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela, con entrada de balde

O evento contará coa colaboración especial do cantautor ferrolán Andrés Suárez e a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
 

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2022.-

A Xunta de Galicia e Ecoembes únense para impulsar o concerto que ofrecerá a orquestra A Música da Reciclaxe, co gallo do Día mundial do Medio Ambiente, para render homenaxe a todos os ecoperegrinos que contribúen á reciclaxe e a manter o Camiño de Santiago libre de basuraleza.

 

Trátase dunha actuación que, segundo salientan a Xunta e Ecoembes, dará moito que falar este Xacobeo 2022. O evento, en colaboración con Afundación, a Obra Social de Abanca, celebrarase o vindeiro 5 de xuño ás 12,30 horas no Auditorio Abanca (rúa Preguntoiro, 23), en Santiago de Compostela.

 

O concerto estará conducido polo presentador Adrián Díaz e contará coa colaboración tanto do cantautor ferrolán Andrés Suárez como da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. As entradas son gratuítas e poden reservarse nesta ligazón.

 

Servirá para poñer en valor a importancia das segundas oportunidades tanto para os residuos como para as persoas. “Quen podería imaxinar que unha lata ou unha caixa de galletas converteríanse en violíns capaces de soar ata no mismísimo Teatro Real ou o Auditorio de Madrid?”, salientan desde Ecoembes.

 

Esta peculiar orquestra naceu co obxectivo de ofrecer formación musical e educación en valores a mozos de barrios en risco de exclusión social da Comunidade de Madrid. Nas súas clases, tamén se lles fai fincapé na importancia de coidar e respectar o medio ambiente a través dos seus instrumentos fabricados a partir de materiais reciclados.

 

O evento está enmarcado dentro do proxecto Camiño da Reciclaxe de Ecoembes e a Xunta de Galicia, que desde a 2016 conciencia aos miles de peregrinos que percorren os distintos roteiros da importancia de que o Camiño deixe pegada neles e non eles nel. Unha dobre homenaxe, xa que tamén busca agradecer a todo o pobo galego o compromiso e agarimo que cada día demostran co Camiño de Santiago.

 

Ademais, formará parte da Semana por unha Galicia sostible da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Imaxes relacionadas