A Xunta destaca a importancia de dar visibilidade e fomentar o coñecemento da lingua de signos entre a xente moza
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá na apertura do V Concurso Cantamos con las Manos, organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) no CIFP Politécnico de Santiago. Durante o acto destacou a necesidade de dar visibilidade e fomentar o coñecemento da lingua de signos entre a xente moza.
O director xeral lembrou que unha sociedade solidaria, integradora e próspera é aquela que procura garantir a igualdade de oportunidade de todos os seus integrantes. Neste sentido, apuntou que a lingua de signos representa un instrumento fundamental para as persoas xordas, que garante o seu acceso a información e servizos básicos.