A porcentaxe de participación nas probas da OPE do Sergas que se celebran hoxe supera o 78%

Coa realización destes exercicios conclúen as probas selectivas para cubrir un total de 680 prazas de 24 categorías/especialidades, que se iniciaron a fin de semana do 23 e 24 de abril e que se desenvolveron ao longo de seis xornadas de exame

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2022.-

Esta fin de semana continúan a desenvolverse, no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra), as probas selectivas da oferta pública de emprego do Sergas, para cubrir un total de 680 prazas correspondentes a 24 categorías de persoal estatutario iniciadas a fin de semana do 23 e 24 de abril.

En particular, esta fin de semana estanse a realizar os exames para cubrir un total de 182 prazas.

Hoxe domingo pola mañá estaban convocados 786 aspirantes para cubrir 38 prazas da categoría de electricista, Destes convocados, acudiron 614, o que supón unha participación do 78,12%.  Xa pola tarde, están convocados 856 aspirantes das categorías de pasador de ferro e técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, para cubrir 45 e 12 prazas, respectivamente.

Coa realización destes exercicios conclúen as probas selectivas para cubrir 680 prazas de 24 categorías/especialidades de persoal estatutario, que se iniciaron a fin de semana do 23 e 24 de abril, e que se están a desenvolver ao longo de seis xornadas de exame.

 

Imaxes relacionadas