A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no perímetro do encoro do Umia, nos concellos de Caldas de Reis, de Cuntis e de Moraña
Estes traballos desenvólvense en distintos lugares das parroquias de Santo André de Cesar, en Caldas de Reis; de Troáns, en Cuntis; e de Laxe e Saiáns, en Moraña
A zona obxecto das intervencións suma unha lonxitude total de máis de 3,2 km
As tarefas consisten na roza de vexetación e retirada de árbores nos camiños e no mantemento da vexetación nas áreas recreativas
As accións enmárcase no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito Galicia-centro
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza no perímetros do encoro do Umia, ao seu paso polos concellos de Caldas de Reis, de Cuntis e de Moraña.
Estes traballos desenvólvense polos distintos lugares da parroquias de Santo André de Cesar, en Caldas de Reis; de Troáns, en Cuntis; e de Laxe e Saiáns, no concello de Moraña.
A zona obxecto das intervencións suma unha lonxitude total de máis de 3,2 km.
As tarefas que se están a realizar céntranse na roza de vexetación en camiños do perímetro do encoro e no mantemento da vexetación nas áreas recreativas. Os traballos inclúen, tamén, a retirada de árbores caídas nos camiños. Unha vez finalizadas estas intervencións, os camiños quedarán despexados de maleza.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.