Sanidade informa ao Ministerio de Sanidade de dous novos casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida
2022-05-06
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2022
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de informar ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade da detección en Galicia de dous novos casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida.
Estes dous novos casos pertencen á área sanitaria de Vigo. Un deles, tivo a enfermidade no mes de marzo, e outro permanece ingresado e evoluciona favorablemente.
Ata a actualidade, detectáronse en Galicia cinco casos, dos que dous permanecen coa enfermidade activa.
A Consellería de Sanidade sinala que o sistema sanitario galego permanece alerta na detección de casos.
Departamento:
C. de Sanidade