A Xunta anima a empresas e autónomos a solicitar o Bono Enerxía Peme para impulsar o aforro e para mellorar a eficiencia enerxética dos seus locais
Trenor informou que a convocatoria reserva dous millóns de euros para melloras de envolvente, iluminación, instalacións eléctricas e equipamentos no comercio, a hostalería, as actividades artístico-recreativas e outros servizos
O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 14 de xullo, aínda que poderá pecharse antes en caso de esgotamento de crédito
A Coruña, 3 de maio de 2022.- O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou, esta mañá, que a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ten aberta a convocatoria de axudas do Bono Enerxía Peme para axudar a máis de 350 empresas galegas cos seus gastos e investimentos eléctricos.
O delegado territorial da Xunta na Coruña animou aos empresarios e autonómos a solicitar estes apoios nunha visita ao establecemento Droguería Villar, beneficiario dunha achega de case 6.000€ coa orde do pasado ano para reducir os gastos enerxéticos do seu local.
O representante do Goberno galego destacou que o ano pasado 54 autonómos e empresarios da Coruña recibiron estas axudas por un importe total de máis de 241.000 euros.
“Trátase dunha liña de axudas para actuacións enerxéticas moi importante para pemes, negocios e autónomos que estreamos o pasado ano para reactivar a economía ante a situación económica xerada pola pandemia da covid-19 e coa que recuncamos este exercicio no marco do Plan de Choque da Xunta para afrontar a actual carestía dos produtos enerxéticos e a suba da inflación”, explicou o representante autonómico.
O Bono Enerxía Peme 2022 ten aberto o seu prazo de solicitude ata o vindeiro 14 de xullo, aínda que poderá pecharse antes en caso de esgotamento de crédito, e conta cun orzamento global de 2 millóns de euros. As axudas subvencionarán ata o 80% do investimento cun límite máximo de 6.000 euros por solicitude.
Poderán pedir estas achegas da Consellería de Economía, Empresa e Innovación os empresarios e autónomos con actividades nos ámbitos do comercio, a hostalería, os traballos artístico-recreativos e outros servizos.
Entre os investimentos subvencionables figuran a instalación de elementos de control solar como toldos ou láminas térmicas; a renovación de equipos de iluminación interior e exterior, incluídos os rótulos, por outros de tecnoloxía Led; a mellora da eficiencia enerxética nas instalacións eléctricas; o reemprazo de equipamentos como cafeterías, lavavaixelas, lavadoras ou secadoras, entre outros; a instalación de aparatos de redución de consumo en sistemas de climatización, ventilación ou auga quente; e a implantación de sistemas domóticos e inmóticos.
SOLICITANTE | TIPOLOXÍA | AXUDA | CONCELLO PROXECTO |
GRUPO OPTICO ALASFONDEVILA, S.L. | Peme | 2.424,86 € | ARTEIXO |
CARLOS VARELA SANCHEZ-CABALLERO LUIS VARELA SANCHEZ-CABALLERO | Peme | 4.950,40 € | ARTEIXO |
HUEVERIA NIETO, S.L. | Peme | 4.605,10 € | ARTEIXO |
ANDRADE VILLAR SL | Peme | 5.334,10 € | ARTEIXO |
TODO DEPORTE, S.L. | Peme | 6.000,00 € | BETANZOS |
IAGO GONZALEZ BELMONTE | Autónomo | 6.000,00 € | BETANZOS |
RITA PICATOSTE LEGAZPI | Autónomo | 2.856,00 € | BETANZOS |
TALLERES TURQUINO, S.L. | Peme | 3.339,33 € | CAMBRE |
DISTRIBUCIONES MAROÑO E HIJOS, S.L. | Peme | 6.000,00 € | CARRAL |
TODO CONSOLAS, S.L. | Peme | 2.584,00 € | CORUÑA (A) |
DROGUERÍA VILLAR SL | Peme | 6.000,00 € | CORUÑA (A) |
ESTRELLA ROMERO SAR, S.L. | Peme | 5.993,60 € | CORUÑA (A) |
JOAQUÍN PEÑALVER BARRAL | Autónomo | 5.712,00 € | CORUÑA (A) |
PULPEIRA DE MELIDE SERVICIOS CATERING SL | Peme | 4.806,40 € | CORUÑA (A) |
MUEBLES LOUREIRO TOREA, S.L. | Peme | 6.000,00 € | CORUÑA (A) |
BLANCOHOSTEL SL | Peme | 2.789,59 € | CORUÑA (A) |
BETSAIDA MARTINEZ MARTINEZ | Autónomo | 1.296,40 € | CORUÑA (A) |
PARRILLADA BUENOS AIRES SC | Peme | 3.432,00 € | CORUÑA (A) |
TERREO COCINA CASUAL SC | Peme | 5.680,00 € | CORUÑA (A) |
LIMPIEZAS TEXTILES GÓMEZ Y GÓMEZ, S.L. | Peme | 6.000,00 € | CORUÑA (A) |
MARISCOS DEL ORTEGAL SL | Peme | 1.107,17 € | CORUÑA (A) |
COMPOSTELA MOTOR, S.A. | Peme | 6.000,00 € | CORUÑA (A) |
OSCAR PARGA GARCIA | Autónomo | 6.000,00 € | CORUÑA (A) |
INVERSIONES KELNO, S.L. | Peme | 2.792,00 € | CORUÑA (A) |
SANTIAGO Y CIA ALMACENES COMERCIALES, S.L. | Peme | 1.787,20 € | CORUÑA (A) |
AANTENA SC | Peme | 4.806,24 € | CORUÑA (A) |
VIENTO MOLIDO S.L. | Peme | 6.000,00 € | CORUÑA (A) |
MARÍA DEL CARMEN NEIRA DOURADO | Autónomo | 5.712,00 € | CORUÑA (A) |
MARÍA PILAR PLATA HIERRO | Autónomo | 2.856,00 € | CORUÑA (A) |
SAGRARIO DOVALE FERREIRO | Autónomo | 5.712,00 € | CORUÑA (A) |
MARIA DEL CARMEN CASTRO MIGUENS | Autónomo | 2.128,80 € | CORUÑA (A) |
OPTICA EUSGAL,S.L | Peme | 4.186,29 € | CORUÑA (A) |
ORZAN 27-29, S.L | Peme | 3.834,71 € | CORUÑA (A) |
BEIRA DO PLAZA SL | Peme | 2.416,00 € | CORUÑA (A) |
MARIA BELEN GARCIA YEBRA | Autónomo | 2.916,80 € | CORUÑA (A) |
ANTONIO GONZALEZ GONZALEZ | Autónomo | 2.114,29 € | CORUÑA (A) |
BREOGAN MOTOR SL | Peme | 6.000,00 € | CORUÑA (A) |
TOCTOC LARDABE SLU | Peme | 5.654,40 € | CORUÑA (A) |
AGRELO Y REBOIRAS, S.L. | Peme | 3.391,96 € | CORUÑA (A) |
PEONIA TEXTILES | Peme | 5.866,34 € | CORUÑA (A) |
ANTONIO Y ARGENTINA FERNANDEZ SALGADO SC | Peme | 6.000,00 € | CULLEREDO |
MONIJO SL | Peme | 6.000,00 € | CULLEREDO |
RESTAURANTE PERLA DO MUIÑO, S.L. | Peme | 5.440,00 € | CURTIS |
HOSTELERIA SABINO, S.L. | Peme | 5.883,73 € | CURTIS |
MARIA ROSARIO PLACER ALLEGUE | Autónomo | 6.000,00 € | MIÑO |
OSCAR MEDIN FIGUEROA | Autónomo | 1.156,00 € | OLEIROS |
DARSENA MOTOR SL | Peme | 5.605,68 € | OLEIROS |
INVERSIONES KELNO, S.L. | Peme | 6.000,00 € | OLEIROS |
INVERSIONES KELNO, S.L. | Peme | 4.024,80 € | OLEIROS |
INVERSIONES KELNO, S.L. | Peme | 3.530,64 € | OLEIROS |
ANA BELEN PEREZ REGEUEIRO | Autónomo | 6.000,00 € | OLEIROS |
BRIAL ÁLVAREZ S.L. | Peme | 4.786,47 € | OLEIROS |
ANA SALORIO ESTRADA | Autónomo | 1.877,04 € | SADA |
COMUNIDAD DE HEREDEROS DE JOSE MANUEL FARIÑA BABIO | Peme | 6.000,00 € | SADA |
TOTAL 54 AXUDAS | 241.390,34€ |