Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, parroquia de Camelle

As últimas estimacións indican que afectou unha superficie de 64 hectáreas, das cales 54 foron de monte arborado e as 10 restantes de raso

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 19,57 h. de hoxe quedou extinguido o incendio forestal que afectou o concello coruñés de Camariñas, na parroquia de Camelle.

O lume iniciábase ás 12,18 h. de hoxe e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 64 hectáreas, das cales 54 foron de monte arborado e as 10 restantes de raso. Para extinguilo mobilizáronse en total 3 técnicos, 9 axentes, 15 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural