Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, parroquia de Camelle

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 64 hectáreas, das cales 54 son de monte arborado e as 10 restantes de raso

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 18,15 h. desta tarde deuse por controlado o incendio forestal que afecta ao concello coruñés de Camariñas, na parroquia de Camelle.

O lume iniciouse ás 12,18 h. desta mañá e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 64 hectáreas, das cales 54 son de monte arborado e as 10 restantes de raso. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 3 técnicos, 8 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural