A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuniuse coa alcaldesa de Boimorto

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2022.- A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo.

 

Na xuntanza abordouse, entre outras cuestións, a mellora e impulso da actividade agrogandeira neste municipio coruñés, así como a posible cesión de terreos actualmente integrados no Banco de terras de Galicia e que non teñen vocación agraria ao Concello, consonte o establecido para este tipo de predios.

Imaxes relacionadas