Galicia rexistra un total de 14.798 casos activos por coronavirus
Un total de 561.063 pacientes xa están curados
A día de hoxe hai 14.101 pacientes en seguimento nos seus domicilios
O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2022.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.798, deles 2.918 son da área da Coruña, 2.170 da de Lugo, 2.032 da de Ourense, 1.658 da de Pontevedra, 2.374 da área de Vigo, 2.497 da de Santiago e 1.134 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 676 en unidades de hospitalización e 14.101 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 561.063 persoas curadas, rexistrándose 3.329 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 23 de abril:
Muller de 80 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Muller de 96 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Día 24 de abril:
Home de 86 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Muller de 93 anos na área sanitaria de Santiago e O Salnés.
Muller de 90 anos, na área sanitaria de Vigo.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.841.030.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.641.059.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras
As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest deberán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, poderán facelo dun xeito sinxelo cumprimentando a declaración responsable dispoñible na web do Sergas.
Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.