A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde mantiveron unha reunión para coñecer as demandas da administración local

A Xunta analiza a posibilidade de colaborar na mellora de varios núcleos do concello de Muiños

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2022

A Xunta analizará a posibilidade de colaborar na mellora e humanización de varios núcleos do concello de Muíños.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, Plácido Álvarez, mantiveron unha reunión, na que analizaron as demandas e necesidade desta entidade local.

O rexedor trasladoulle un proxecto para o acondicionamento de varios espazos públicos do concello, que na actualidade presentan deficiencias e irregularidades nos pavimentos; ao tempo que se pretende unificar e adecuar estes espazos coas zonas peonís próximas.

A conselleira indicoulle ao alcalde que remitirá a proposta á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo co fin de que a analice e busque o encaixe da mesma nos orzamentos dos que dispón este departamento, así como a vía de colaboración axeitada.

Imaxes relacionadas