O Morriña Fest únese á programación do Xacobeo cun espectacular cartel no estadio de Riazor

O festival de música celebrarase entre o 15 e 16 de xullo

Maluma, Black Eyed Peas, Franz Ferdinand, Cristal Fighters, o rapero Duki, Vera ou Xoel López, entre outros, traerán a decenas de miles de persoas A Coruña
 

A Coruña, 21 de abril de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá na presentación do Festival Morriña Fest que se celebrará o 15 e 16 de xullo no estadio de Riazor, un concerto que contará con grandes artistas de nivel internacional e nacional e que contará co apoio da Xunta e que se inclúe dentro da iniciativa Concertos do Xacobeo.

Neste evento musical, incluído no marco da programación do Xacobeo, contarán con artistas de primeira liña neste evento que afronta a súa segunda edición despois do gran éxito da primeira edición en 2021 cunha gran acollida e éxito de público xa que máis de 10.000 persoas se deron cita para corear os temas dalgúns dos artistas máis relevantes do panorama actual.

Nesta nova edición do 2022, sinalou, “estreamos nova ubicación no estadio de Riazor. A Xunta está, porque é aquí, co noso Xacobeo e con esta cidade onde nos gusta estar. Achegamos o apoio que estea nas nosas mans. Estamos convencidos de que Maluma, Black Eyed Peas, Franz Ferdinand, Cristal Fighters, o rapero Duki, Vera ou Xoel López, entre outros grandes artistas traerán decenas de miles de persoas e o éxito a esta cita. Estamos seguros de que a colaboración entre a iniciativa privada e as administracións é o camiño”.


Trenor lembrou que “a Semana Santa deixou datos de turismo espectaculares que demostran que, tras dous anos de restricións, hai moitas ganas de viaxar, moitas ganas de normalidade. Galicia rexistrou unha ocupación media que superaron as previsións ata superar o 80% de ocupación”. “O Morriña Festival e o concerto de Rosalía, engadiu o delegado, fan prever un verán estratosférico para o turismo na cidade e na provincia, reforzado coas iniciativas de Turismo de Galicia para fomentar o turismo interno, como a segunda edición de Quedamos En Galicia”.
 

Imaxes relacionadas