Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Cuntis no acto de entrega de carnés a seis voluntarios

O delegado territorial en Pontevedra, acompañado polo alcalde, Manuel Campos, visita a sede da agrupación e formaliza a incorporación de novos integrantes ou a renovación da identificación dalgúns membros da entidade, unha das máis importantes da provincia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior fixo achegas por máis de 100.000€ nospara os seus gastos de funcionamento e adquisición de material, como un vehículo pick-up, um remolque de emerxencias, terminais tetra com GPS ou unha furgoneta
 

Cuntis, 21 de abril de 2022

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, garantíu o “máximo apoio” da Xunta de Galicia á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cuntis para seguir impulsando os seus servizos de atención cidadá e de xestión das emerxencias durante a visita que realizou esta mañá á sede da entidade.

O representante autonómico acudíu xunto ao xefe provincial de Emerxencias, Miguel Ángel Pérez Dubois, e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, para coñecer o seu funcionamento e facer entrega dos carnés oficiais de voluntarios, expedidos pola Xunta de Galicia, a seis voluntarios. Os beneficiarios veñen de incorporarse á entidade nos últimos meses ou ben levan tempo na agrupación, pero precisaban renovar o seu elemento de identificación, que debe ser actualizado cada catro anos no marco do proceso de regularización das Agrupacións de Protección Civil da provincia de Pontevedra.

“Esta agrupación leva décadas de servizo desinteresado e altruísta a prol da cidadanía de Cuntis e incluso, en moitas ocasións, doutros municipios limítrofes e ademais actúa cunha eficacia, eficiencia e esforzo que son dignos de eloxio. Dan unha cobertura de primeiro nivel e están sempre pendentes do que precisa a cidadanía, especialmente nos momentos máis complexos, polo que é, dende hai moito tempo, unha das agrupacións máis destacadas da provincia e de toda Galicia, polo que merece sobradamente o apoio que lle prestamos dende o Goberno galego”, detallou Luis López, que salientou a elevada participación de voluntarios nesta entidade.

Protección Civil de Cuntis recibíu, ao longo dos últimos anos, máis de 100.000 euros da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior para os seus gastos ordinarios de funcionamento e para a adquisición de material, como un vehículo pick-up, un remolque de emerxencias, terminais tetra con GPS ou unha furgoneta, que serven para mellorar e ampliar os seus servizos de atención cidadá.

Imaxes relacionadas