Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afectou o Parque Natural do Xurés

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 0,07 hectáreas de monte raso

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

O lume, que se iniciou ás 19,15 h. desta tarde quedou extinguido ás 20,36 h. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 0,07 hectáreas de monte raso dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Na súa extinción participaron 2 axentes, 1 brigada e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural