Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afecta o Parque Natural do Xurés

Segundo as primeiras medicións, afecta unha superficie de menos de 1 hectárea

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022.-

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal estabilizado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

O lume, que se iniciou ás 19,15 h. desta tarde está estabilizado desde as 19,47 h. Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de menos de unha hectárea dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para o seu control mobilizáronse en total 2 axentes, 1 brigada e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural