Miranda recibe ao novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022.-

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, que ten como ámbito de actuación non só Galicia, senón tamén Asturias e Castela e León.

 

Horacio Martín Doval asumiu recentemente este cargo relevando a Silvina Montenegro, quen estivo cinco anos á fronte do consulado na cidade olívica. O novo cónsul conta con máis de corenta anos de experiencia diplomática, tras desempeñar distintas funcións e cargos nas embaixadas de Arxentina, México, Uruguai, Francia e Ecuador. O secretario xeral da Emigración trasladoulle a plena colaboración da institución, especialmente, co colectivo de galegos retornados de Arxentina, que están a ver aumentar o seu número na comunidade nos últimos anos.

Imaxes relacionadas