Estabilizado o incendio forestal do concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Moredo
Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada provisional rolda as 150 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa de que quedou estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Moredo.
O lume iniciouse ás 5,27 h. desta mañanciña e quedou estabilizado ás 14,27 h. desta tarde. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 150 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 5 axentes, 20 brigadas, 6 motobombas, 4 avións e 4 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.