Activo un incendio forestal no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Moredo

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional superior ás 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2022.-

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello lugués de Palas de Rei, parroquia de Moredo.

O lume iniciouse ás 5,27 h. desta mañanciña e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional superior ás 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 2 axentes, 7 brigadas e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural