Emigración e o Colexio de Rexistradores da Propiedade facilitan a familias galegas emigradas a identificación das súas propiedades en Galicia

Ambas institucións asinaron hoxe un convenio de colaboración

Este acordo posibilita que se leven a cabo as pescudas necesarias para determinar a titularidade destes inmobles de xeito desinteresado sen que supoña ningún custo nin ao solicitante nin a administración

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a decana de Galicia do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de España, María Núñez Núñez, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co obxectivo de facilitar a detección de propiedades en Galicia a familias galegas emigradas.

Este acordo de colaboración permitirá que se poñan en marcha as pescudas necesarias para determinar a titularidade de bens inmobles pertencentes aos galegos do exterior que son propietarios de algunha propiedade en Galicia.

O convenio permitirá que este traballo se realice de xeito desinteresado sen que supoña ningún custo nin ao solicitante nin a administración.

Crearase ademais unha comisión de seguimento que se encargará de avaliar casos concretos e determinar se o solicitado se axusta ao obxecto do convenio.

O acordo será efectivo dende mañá, martes 12, e terá unha duración de catro anos.

Imaxes relacionadas