Política Social apoia a Discamino na XXI edición da carreira VigBay

Vigo, 10 de abril de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, mostrou o seu apoio hoxe á asociación Discamino na saída da XXI edición da carreira VigBay, que se celebra entre as localidades de Vigo e Baiona e que se retoma despois de tres anos sen celebrarse.

Fernando González Abeijón puxo en valor a superación e o esforzo que realizan os integrantes de Discamino en todas e cada un dos obxectivos que se propoñen. Salientou a vontade da asociación de concienciar e sensibilizar á sociedade de cara a mostrar as capacidades de todas as persoas.

Imaxes relacionadas