A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe

Extinguidos os lumes de Agolada (parroquia de Vilariño), do Irixo (parroquia de Parada de Labiote) e de Piñor (parroquia de Torcela)

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Agolada

Extinguido ás 13,16 h. o lume rexistrado ás 01,29 h. desta madrugada no concello de Agolada, parroquia de Vilariño. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 22,6 hectáreas, das cales 20,6 foron arboradas e 2 rasas. Na súa extinción participaron 2 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 pa.

O Irixo

O lume rexistrado ás 06,30 h. desta mañá quedou extinguido ás 12,29 h. deste mediodía. Tras medir a superficie con GPS, foron afectadas 5 hectáreas de monte raso e 0,8 hectáreas de monte arborado. Na extinción do lume participaron 2 técnicos, 2 axentes, 2 brigadas e 2 motobombas.

Piñor

O incendio forestal rexistrado onte ás 18,26 h. no municipio ourensán de Piñor, na parroquia de Torcela, quedou extinguido ás 11,44 h. desta mañá. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 28,45 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 6 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural